|
TRIACASTELA, a 29 de Xuño do 2009
CONSTITUÍDA UNHA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E DO CAMIÑO DE SANTIAGO DOS CONCELLOS DE TRIACASTELA E SAMOS.
Un grupo de xente dos concellos de Triacastela e Samos acaba de constituir a Asociación Socio Cultural ?O Iribio? coa finalidade de poñer en valor o valioso patrimonio natural e o, moitas veces esquencido, patrimonio histórico cultural que comparten estes dous concellos do camiño de Santiago.
Unha das primeiras reflexións da xente que está a promover esta Asociación ?O Iribio? e a de constatar como a política da Administración sobre os espazos protexidos, en lugar de buscar a complicidade e apoio da povoación, ben ao contrario, está unicamente a lograr un crecente rexeitamento cara a calquer proposta de protección do patrimonio natural. Neste sentido, unha dos primeiros obxectivos desta Asociación Serra do Iribio será a de reivindicar contraprestacións económicas e sociais para os propietarios en Rede Natura e espazos protexidos e a de acabar coa inxustiza e a indignidade que supón que un propietario da zona non poda conseguir unha autorización para a ampliación do seu establo ou tarde máis de un ano en conseguir, por exempro, a autorización para unha poda de leña que veu facendo durante toda a vida, mentras que un parque eólico non teña problema algún en ter unha declaración de impacto ambiental favorable en apenas 30 días: se os propietarios da zona son os primeiros responsabeis de calquer conservación, non é de xustiza que non sexan compensados por esa insustituible función ambiental e social.
No que se refire ao patrimonio cultural esta Asociación prantéxase o obxectivo de divulgar e poñer en valor o importante patrimonio histórico, cultural e etnográfico destes dous concellos, tanto o que ten relación co camiño de Santiago como todo ese outro patrimonio máis esquencido como poden ser as neveiras que aínda se conservan na Serra do Iribio ou o camiño real que ía de Pedrafita a Monforte polo alto da serra e do que aínda se conservan parte das paredes que conformaban o Portelo ou portádego no que se cobraban os dereitos de uso do camiño (portádego).
Os promotores da Asociación son conscentes de que a conservación e posta en valor de todo este patrimonio constitúe un difícil reto, pero están convencidos de que, neste camiño, -que quere empezar por reivindicar o nome auténtico da Serra, o nome que aínda hoxe utiliza a xente da zona, IRIBIO en lugar de ORIBIO-, será posible unir a todas as sensibilidades e vontades da xente e das institucións dos concellos de Triacastela e Samos. E con ese obxectivo fan un chamamento a unirse a Asociación envíando un correo electrónico ao seguinte enderezo [email protected]
Categorías: Noticias