O Iribio

Asociación Socio-Cultural

Blog

Concerto S?lo Voces

Posted by iribio on 28 Ee abril Ee 2011 a las 14:00



O vindeiro domingo, 6 de febreiro de 2011, ás 18:00 terá lugar na Igrexa Parroquial de Triacastela (Lugo) o concerto do grupo vocal «Sólo Voces», baixo a dirección de Fernando G. Jácome, e Aurelio Chao ao piano.

 

Este concerto organizado pola Asociación Socio-cultural O Iribio e o grupo lucense Sólo Voces, co patrocinio da área de cultura da Deputación de Lugo, encuádrase dentro da série de concertos «Dous séculos de música lucense» que este grupo coral está a interpretar por toda a xeografía galega (Lugo, Santiago, Triacastela, Bueu, Vilalba, Ribadeo, O Corgo, Mondoñedo e Seixalbo), dando a coñecer este tipo de música e interpretando musica erudita de importantes compositores lucenses dos últimos douscentos anos, como Pascual Veiga (musicou o Himno galego), Juan Montes (musicou o hoxe tan coñecido poema «Negra Sombra» de Rosalía de Castro), Rosendo Mato Hermida (musico o coñecido poema «Lela» de Castelao),J.A Moreno Fuentes, José Pacheco ou Lorenzo Varela entre outros.

 

O Grupo Vocal «Sólo Voces» fundouse en Lugo en 1992. Desde entón leva traballado diversos ámbitos do repertorio coral, baixo a dirección de Fernando G. Jácome, con especial dedicación á música antiga e á difusión dos autores locais.

 

Ten editado 3 CDs: «Cantares»(2000), con clásicos do rock e da música sudamericana, «clásicos galegos, Vol.1» (2000), coa Orquestra Municipal de Xove baixo a dirección de Xan Carballal, onde se recolle música de autores lucenses, e «Nihil novum sub sole?»(2005) con música sacra do século XX. No presente ano presentará «Dous séculos de música lucense», un novo CD con música de autores de Lugo.

 

Outros aspectos do repertorio levaron a Sólo Voces a cantar nos ámbitos máis diversos, mesturando o humor coa seriedade, a música coa poesía, en toda Galiza e fóra dela: Casa de Galiza en Madrid, Casa da Galiza en Lisboa, programación musical de Advento en Salzburgo e en Praga, fazendo a zarzuela «Bohemios» en Lugo, baixo a dirección de Jorge Rubio, ou acompañando o grupo de música antiga «Orpheon Consort» de Viena.

 

Así mesmo, ofreceron un concerto monográfico sobre Tomás Luís de Victoria  en Ávila e Lugo, e participaron en diversos festivais de música: IXº Certame de Música Sacra de Ourense, XXVIIª e XXVIIIª Semana musical do Corpus lucense, VIIª Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), IIº Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro, en Lamego e Peso da Régua (Portugal).

 

Tamén é salientable a participación no IIº Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.


Categorías: Noticias

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios