O Iribio

Asociación Socio-Cultural

Blog

Nota de prensa 29-VI-09

Posted by iribio on 29 Ee junio Ee 2009 a las 10:39

TRIACASTELA, a 29 de Xuño do 2009


CONSTITUÍDA UNHA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E DO CAMIÑO DE SANTIAGO DOS CONCELLOS DE TRIACASTELA E SAMOS. 


 

      Un grupo de xente dos concellos de Triacastela e Samos acaba de constituir a Asociación Socio Cultural ?O Iribio? coa finalidade de poñer en valor o valioso patrimonio natural e o, moitas veces esquencido, patrimonio histórico cultural que comparten estes dous concellos do camiño de Santiago.

      Unha das primeiras reflexións da xente que está a promover esta Asociación ?O Iribio? e a de constatar como a política da Administración sobre os espazos protexidos, en lugar de buscar a complicidade e apoio da povoación, ben ao contrario, está unicamente a lograr un crecente rexeitamento cara a calquer proposta de protección do patrimonio natural. Neste sentido, unha dos primeiros obxectivos desta Asociación Serra do Iribio  será a de reivindicar contraprestacións económicas e sociais para os propietarios en Rede Natura e espazos protexidos e a de acabar coa inxustiza e a indignidade que supón que un propietario da zona non poda conseguir unha autorización para a ampliación do seu establo ou tarde máis de un ano en conseguir, por exempro, a autorización para unha poda de leña que veu facendo durante toda a vida, mentras que un parque eólico non teña problema algún en ter unha declaración de impacto ambiental favorable en apenas 30 días: se os propietarios da zona son os primeiros responsabeis de calquer conservación, non é de xustiza que non sexan compensados por esa insustituible función ambiental e social.

      No que se refire ao patrimonio cultural esta Asociación prantéxase o obxectivo de divulgar e poñer en valor o importante patrimonio histórico, cultural e etnográfico destes dous concellos, tanto o que ten relación co camiño de Santiago como todo ese outro patrimonio máis esquencido como poden ser as neveiras que aínda se conservan na Serra do Iribio ou o camiño real que ía de Pedrafita a Monforte polo alto da serra e do que aínda se conservan parte das paredes que conformaban o Portelo ou portádego no que se cobraban os dereitos de uso do camiño (portádego).

      Os promotores da Asociación son conscentes de que a conservación e posta en valor de todo este patrimonio constitúe un difícil reto, pero están convencidos de que, neste camiño, -que quere empezar por reivindicar o nome auténtico da Serra, o nome que aínda hoxe utiliza a xente da zona, IRIBIO en lugar de ORIBIO-, será posible unir a todas as sensibilidades e vontades da xente e das institucións dos concellos de Triacastela e Samos. E con ese obxectivo fan un chamamento a unirse a Asociación envíando un correo electrónico ao seguinte enderezo [email protected]

 


Categorías: Noticias

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios