O Iribio

Asociación Socio-Cultural

Blog

vista:  completa / resumen

Tractorada Mixta (Por un aire puro, sen ars?nico nin cianuro, NON ? mina de Corcoesto)

Posted by iribio on 6 Ee abril Ee 2013 a las 10:30 Comments comentarios (0)

 

O vindeiro domingo 7 de Abril de 2013 a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha tractorada mixta (tractores e coches) que sairá do campo da feira de Ponteceso ás 11 h. e rematará fronte á casa do concello de Cabana de Bergantiños en A Carballa. Previamente, deste distintos puntos da comarca sairán columnas para converxer en Ponteceso.

Esta mobilización está convocada para protestar pola posíbel implantación dunha grande mina a ceo aberto en Corcoesto na que se utilizarán enormes cantidades de cianuro para a extracción do ouro (1,7 gramos por cada millón gramos de veta aurífera e que terán que remover case 10 toneladas de rocha para acceder á mesma), as cantidades de cianuro a utilizar son de unhas dimensións inimaxinábeis: 1,49 toneladas diarias durante os 365 días do ano e durante os 8,1 anos de explotación previstos pola empresa canadiana Edgewater. Xunto á utilización do cianuro está a contaminación por arsénico (as vetas están compostas por arsenopiritas), minerais pesados coma o níquel, chumbo, ferro… que provocarán non só danos irreparábeis na flora e fauna senón tamén na saúde humana.

Desde a Asociación Socio-Cultural O Iribio apoiamos  e convidamos a todos a participar fisicamente nela ou difundindo este banner e nas redes sociais de Internet.

Segue lendo no blog da Plataforma…


Serra do Gali?eiro

Posted by iribio on 4 Ee abril Ee 2013 a las 10:35 Comments comentarios (0)

O Galiñeiro non está a salvo

A mobilización é imprescindible !!!

 Ante as novas dos xornais de onte queremos aclarar que O Galiñeiro non está a salvo de ningunha ameaza. Desgraciadamente. 

Se chega a ser certo que o proxecto de investigación de Terras Raras en 10 ha. non sigue adiante, sí están a exposición pública 32 ha. adxacentes ás anteriores para explotar tamén Terras Raras, xa que así o fixo público a Consellería de Economía e Industria no DOG do 15 de febreiro deste 2013. 

Na páxina web do censo catastral mineiro de Galicia podedes consultar as imaxes que adxuntamos. 

Ademáis diso, o polígono eólico sometido a información pública, sigue a súa tramitación e os impactos de todo tipo que de sempre ven sufrindo esta serra siguen aí. 

A protección da serra do Galiñeiro só pode vir dada por unha figura administrativa que recoñeza os valores que este espazo natural ten. Ata entón habemos de seguir nesta luita.


Apoio MONTE PINDO Parque Natural

Posted by iribio on 3 Ee agosto Ee 2012 a las 10:30 Comments comentarios (0)



http://www.montepindo.org/

Desde a Asociación Socio-Cultural O Iríbio apoiamos totalmente a declarazón de Parque Natural do Monte Pindo e o seu entorno, que reúne características mais que merecidas para tal recoñecimento, tanto polo seu enorme valor natural e paisaxítico, desde a sua topografia até a sua flora e fauna, como polo seu valor antropolóxico e cultural deste monte sacro dos celtas, así como polos importantes restos da nosa história que alí existen.

A privilexiada situazón do Monte Pindo conforma un conxunto extraordinário, ao estaren ao seu pé tanto a fervenza do Ézaro como a praia de Carnota.


Consideramos que a criazón do Parque Natural é o mellor xeito de pór en valor este património, e como tal, esta revalorizazón repercutiría extraordinariamente en positivo na comarca e nos seus habitantes, xerando economía complementar ás actividades tradicionais da zona desde a sustentabilidade, posibilitando un futuro mellor e paralisando a emigrazón para a cidade e a perda de actividades e ofícios tradicionais, e ao mesmo tempo xerando novas posibilidades económicas, coa importáncia de posibilitar a revitalizazón da zona nestes tempos de crise.

É tamén unha medida urxente e necesária polas constantes ameazas e destruzóns que este entorno sofre, co
n hidroeléctricas, eólicos, tendidos eléctricos, incéndios, plantazóns alóctonas, apertura de vías inecesárias, urbanismo especulativo, etc.

Corresponde ás autoridades competentes traballar na conservazón e posta en valor do noso património, antepondo o ben colectivo aos intereses particulares, así como atender as demandas dos galegos, polo que consideramos que non se pode continuar a facer ouvidos xordos a deste clamor popular. Esiximos portanto, que a administrazón se poña ao servizo da sociedade e traballe para podermos deixar aos nosos fillos esta magnífica herdanza patrimonial, e para garanti-lo, nada mellor que declar o Monte Pindo como Parque Natural.


Triacastela, 8 de marzo de 2012


Manifestaci?n contra o saqueo socioambiental da nosa terra

Posted by iribio on 28 Ee abril Ee 2011 a las 14:09 Comments comentarios (0)

CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA

“Terra viva e vida digna para [email protected]


Domingo 8 de maio

12:00

Alameda/Santiago de Compostela

A rede Galiza Non Se Vende convídavos a participar na manifestación que se celebrará o próximo 8 de maio en Compostela, as 12 na Alameda. Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.


CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA!!!


Por unha utilización racional dos recursos naturais

Pola protección do patrimonio natural e histórico

Por unhas rías limpas

Por uns ríos vivos

Pola defensa da nosa soberanía alimentaria

Por un litoral público e natural

Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura

Por uns montes ben xestionados

Pola participación da cidadanía na xestión do noso

Por unha xustiza incorruptible

Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza

Por un transporte colectivo eficaz

Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes

Por unha xestión responsable dos residuos

Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza



VENTE EXPRESAR CON NÓS


* Haberá concerto as 17 horas na Sala Nasa con Berrobambán, Guintervan e GalegoZ


Concerto S?lo Voces

Posted by iribio on 28 Ee abril Ee 2011 a las 14:00 Comments comentarios (0)



O vindeiro domingo, 6 de febreiro de 2011, ás 18:00 terá lugar na Igrexa Parroquial de Triacastela (Lugo) o concerto do grupo vocal «Sólo Voces», baixo a dirección de Fernando G. Jácome, e Aurelio Chao ao piano.

 

Este concerto organizado pola Asociación Socio-cultural O Iribio e o grupo lucense Sólo Voces, co patrocinio da área de cultura da Deputación de Lugo, encuádrase dentro da série de concertos «Dous séculos de música lucense» que este grupo coral está a interpretar por toda a xeografía galega (Lugo, Santiago, Triacastela, Bueu, Vilalba, Ribadeo, O Corgo, Mondoñedo e Seixalbo), dando a coñecer este tipo de música e interpretando musica erudita de importantes compositores lucenses dos últimos douscentos anos, como Pascual Veiga (musicou o Himno galego), Juan Montes (musicou o hoxe tan coñecido poema «Negra Sombra» de Rosalía de Castro), Rosendo Mato Hermida (musico o coñecido poema «Lela» de Castelao),J.A Moreno Fuentes, José Pacheco ou Lorenzo Varela entre outros.

 

O Grupo Vocal «Sólo Voces» fundouse en Lugo en 1992. Desde entón leva traballado diversos ámbitos do repertorio coral, baixo a dirección de Fernando G. Jácome, con especial dedicación á música antiga e á difusión dos autores locais.

 

Ten editado 3 CDs: «Cantares»(2000), con clásicos do rock e da música sudamericana, «clásicos galegos, Vol.1» (2000), coa Orquestra Municipal de Xove baixo a dirección de Xan Carballal, onde se recolle música de autores lucenses, e «Nihil novum sub sole?»(2005) con música sacra do século XX. No presente ano presentará «Dous séculos de música lucense», un novo CD con música de autores de Lugo.

 

Outros aspectos do repertorio levaron a Sólo Voces a cantar nos ámbitos máis diversos, mesturando o humor coa seriedade, a música coa poesía, en toda Galiza e fóra dela: Casa de Galiza en Madrid, Casa da Galiza en Lisboa, programación musical de Advento en Salzburgo e en Praga, fazendo a zarzuela «Bohemios» en Lugo, baixo a dirección de Jorge Rubio, ou acompañando o grupo de música antiga «Orpheon Consort» de Viena.

 

Así mesmo, ofreceron un concerto monográfico sobre Tomás Luís de Victoria  en Ávila e Lugo, e participaron en diversos festivais de música: IXº Certame de Música Sacra de Ourense, XXVIIª e XXVIIIª Semana musical do Corpus lucense, VIIª Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), IIº Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro, en Lamego e Peso da Régua (Portugal).

 

Tamén é salientable a participación no IIº Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.


Publicado en Xornal: Fraga autorizou nos ?ltimos d?as o e?lico que atenta contra o Cami?o

Posted by iribio on 7 Ee febrero Ee 2011 a las 0:00 Comments comentarios (0)


Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño

A declaración ambiental esixe decoración xacobea nos muíños de vento e que se leve un rexistro
de paxaros mortos


MARCOS SUEIRO 06/02/2011 - 21:25 h

A aprobación por parte do Consello da Xunta o pasado 28 de maio de 2009 do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal autoriza a Fergo Vento Galicia a levantar un parque eólico no Iribio, en pleno Courel, a poucos metros do Camiño Francés e nos termos municipais de Sarria e Triacastela. Trátase do último requisito legal necesario para que a empresa poida levar a cabo a súa intención de aproveitar o vento desta zona da serra e producir enerxía eléctrica.


O proceso comezara anos antes, concretamente o 23 de xuño de 2005, cando a Xunta de Fraga sometía a información pública o proxecto para valorar o impacto ambiental e concluía o 12 de agosto de 2005 coa aprobación definitiva da declaración. Esta rapidez na aprobación do trámite máis relevante alertou a numerosos colectivos que dende o primeiro momento se opuxeron a construción dun parque eólico no Iribio por afectar gravemente a unha zona protexida. Colectivos como SOS Courel e a Asociación Cultural do Iribio iniciaron unha serie de reclamacións para tratar de impedir xudicialmente os efectos da decisión tomada pola administración.


Ata o momento a investigación da Fiscalía e a denuncia presentada ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non deu resultado porque se está investigando todo o procedemento administrativo. Esta lentitude preocupa aos membros da Asociación Cultural Iribio que, a través do seu portavoz, Marcos Celeiro, se queixan da actitude pouco colaboradora da administración e do retraso acumulado na entrega dalgúns documentos do expediente administrativo necesarios para a revisión de todo o proceso”. Tamén aproveitan a revisión que ao seu xuízo hai que facer da concesión, para chamar a atención sobre “as condicións ridículas” que están consignadas na Declaración de Impacto Ambiental. Celeiro di que “neste documento as garantías que se esixen a empresa para preservar o medio natural é que nos muíños e nas aspas haxa unha decoración con motivos xacobeos para indicar que por aí está o Camiño, ademais da colocación de pantallas para evitar a visión das instalacións e un rexistro co número de paxaros que morren ao baterse coas aspas”.


Porén confían en que “ao final se poida deter este desastre que de continuar adiante traería consecuencias irreversibles para O Courel e para o núcleo central do Camiño francés”. “Non só habería un prexuízo para a conservación dun espazo natural virxe, senón que os resultados de produción de enerxía eléctrica serían moi escasos e pouco rendibles dende o punto de vista do rendemento empresarial, mentres que o Camiño de Santiago xera riqueza e emprego en localidades como Triacastela”, sentencia Celeiro.


http://www.xornal.com/artigo/2011/02/01/galicia/fraga-autorizou-nos-ultimos-dias-eolico-atenta-camino/2011020123581401427.html

 

Roteiro do Cami?o Real Polo Iribio

Posted by iribio on 23 Ee octubre Ee 2009 a las 11:23 Comments comentarios (0)

Saída: Campo do Furco - O biduedo (Triacastela)

Chegada: Aira-Padrón (Samos)

Distancia: 13.8 Km

Tempo: ~ 4 horas

Altura máxima: 1460 m

Dificuldade: Baixa






Colabora ADEGA

Noticia 1

Cami?o Real, solicitude BIC

Posted by iribio on 29 Ee julio Ee 2009 a las 7:38 Comments comentarios (5)

Triacastela, a 27 de Xullo do 2009



A  Asociación Socio-Cultural O IRIBIO, a través de escrito dirixido á Consellería de Cultura e Turismo, SOLICITA  a Declaración de Ben de Interese Cultural ou, no seu caso, a catalogación do Camiño Real do Iribio.


 

Se a fala e a escrita foron adquisicións fundamentais da especie humana na súa evolución cara unha socialización, culturización e progreso técnico cada vez máis amplos, non o teñen sido menos os camiños que, dende os primeiros pasos desa evolución, serviron para intercomunicar povos e culturas.


 

Polos cumes da Serra do Iribio, nos concellos de Triacastela e Samos, co nome hoxe de Camiño Real, consérvase aínda o trazado dun destes camiños prehistóricos utilizado polos romanos como vía de acceso a Monforte e a Lugo, máis tarde como camiño de Santiago e logo como camiño dos maragatos (vía comercial)  e camiño de postas (correo), para perdurar como camiño de Monforte a Castela ou simplemente camiño de Castela ata case principios do século XX, sendo a vía que utilizaron as tropas francesas e inglesas durante a chamada Guerra da Independencia


 

Da historia deste camiño dan fe moitos documentos de deslindes, apeos parroquiais e actas notariais que o estudoso pode consultar no mosteiro de Samos. A modo de exemplo, transcribimos unha Testemuña de data do 27 de Febreiro do 1757 que se pode consultar no Real Mosteiros de San Xulián de Samos sobre unha demarcación de fincas e lindes de Louzarela:


?empieza e demarcarse y dividirse en el marco que se halla o llaman de O Caldeirón, en donde confina también la jurisdicción de Fonfría hasta llegar a otro marco que se halla en el sitio do Furco del Oribio, inmediato al Camino Real que transita del Oribio para la Fonfría y otras partes"?


e, máis adiante, en canto á demarcación de FONFRÍA:


"Dejando el riego antiguo el CAMINO REAL, en otro tiempo llamado ANTIGUA o CAMINO DE LOS ROMANOS, va al término todo por la ANTIGUA....De allí sigue el camino de los Romanos hasta el valle y vagante por donde desciende el agua....De allí viene a la fuente de la Provia, en el valle de Peropouco, fuente peremne y desde ella va derechamente a los dos marcos do Furco distantes vara y  media junto al Camino Real??


 

A orixe e historia deste Camiño Real que se deduce dos nomes que para o mesmo se utilizan nesta breve referencia documental, xunto cos elementos materiais que del se conservan aínda hoxe, -treitos empedrados e restos de distintos elementos construtivos como portádegos e vendas-, constitúen un importante patrimonio histórico e cultural que, de ningunha maneira, debemos deixar desaparecer. Con este obxectivo solicitamos a súa declaración como Ben de Interese Cultural ou, en todo caso, a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galiza.


 

    Pero trátase tamén de poñelo en valor. Esta asociación está convencida de que o coñecemento e divulgación da historia deste Camiño Real de Monforte a Castela, pode ser un importante recurso económico para o turismo de natureza, convertíndoo en ruta de senderismo de longo recorrido que os concellos de Pedrafita, Triacastela, Samos, Incio e Monforte deberían de promover. A protección do camiño en toda a súa integridade e recorrido tén que ser, dende logo, o primeiro chanzo para a súa posta en valor, precisamente para evitar que poda seguir deteriorandose con intervencións tan pouco responsábeis como as de convertir parte do seu trazado en innecesario cortalumes forestal.


Documento da solicitude en PDF



Comunicado 20-VII-09

Posted by iribio on 20 Ee julio Ee 2009 a las 15:12 Comments comentarios (0)

COMUNICADO EN DEFENSA DA SERRA DO IRIBIO


O pasado xoves, día 16 de Xullo, ven de se publicar no DOG a

resolución pola que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de

incidencia supramunicipal do «Parque Eólico Oribio», nos concellos de

Triacastela e Samos.

 

Desde a Asociación Socio-Cultural «O Iribio» queremos manifestar a nosa

máis absoluta e rotunda OPOSICIÓN a este atentado contra a nosa terra

e o noso futuro:

 

1

É UNHA AGRESIÓN IRREVERSÍBEL AO MEDIO AMBIENTE. Este parque

eólico está situado na Rede Natura 2000, a rede de espazos

naturais protexidos no ámbito da Unión Europea creada en virtude

da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da

fauna e flora silvestres, coñecida como Directiva Hábitats, co gallo de

salvagardar os espazos naturais máis representativos da diversidade de

hábitats e especies de Europa. Evidentemente este parque é unha

actividade INCOMPATÍBEL coa Rede Natura.

 

O obxectivo global da Directiva Hábitats, é ?contribuír a garantir a

biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da

fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros?. Para o

cumprimento deste obxectivo global, a Directiva está estruturada en dous

grandes obxectivos máis concretos: a creación da rede Natura 2000 e o

sistema de protección global das especies.

 

A Directiva Hábitats crea a rede ecolóxica europea coherente de zonas

especiais de conservación. Esta rede de lugares terá que garantir o

mantemento (ou o restablecemento) nun estado de conservación

favorabel dos tipos de hábitats naturais e dos hábitats das especies na

súa área de distribución natural dentro do territorio da Unión Europea.

 

A Xunta de Galiza, mediante o Decreto 72/2004 tamén declarou a todos

os espazos naturais dentro dun LIC baixo a figura de Zonas de Especial

Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), incluindoos desta forma na Rede

Galega de Espazos Protexidos segundo o estabelecido na Lei 9/2001 da

conservación da natureza de Galiza. Esta declaración implica estes

espazos deberán contar cun Plano de Conservación.

 

Os valiosos hábitats existentes nas áreas ocupadas polo eólico ainda non

contan con un estudo detallado, porén o LIC enteiro está afectado por

un Plano de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) que os está a

estudar en profundidade, e que legalmente impide calquer actividade

que poda modificalos mentras non se finalice a elaboración deste plano.

A propia documentación aportada pola empresa na sua solicitude

recoñece que afectan seriamente a 4 hábitats e contabilizan na zona

ocupada polo parque eólico mais 30 especies ameazadas reguladas

legalmente con diversos graus de protección.

 

A autorización deste parque eólico neste lugar contradice todas as

medidas de protección da natureza, e de levarse a cabo destruirá un

patrimonio natural que se perderá para sempre, privando as futuras

xeracións do uso do seu valor.

 

2

É UNHA AGRESIÓN AO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL DO

CAMIÑO DE SANTIAGO, nunha das serras máis emblemáticas dun

camiño declarado Ben de Interese Cultural (desde 1962), Primeiro

Itinerario Cultural Europeo (desde 1987) e Patrimonio Cultural da

Humanidade (desde 1993), estando este parque localizado totalmente

na súa área de protección e cun impacto paisaxístico fulminante.

 

Os aeroxeneradores incluidos de uns 100 m de altura están proxectados

no cimo dunha montaña de 1.440 m de altitude e serán visíbeis desde o

Bierzo ou Lugo capital. O impacto visual afectará a enormes áreas do

territorio e malamente se poderá minimizar ?decorando os muiños con

motivos xacobeos? ou ?plantando vexetación para tapar as vistas? como

rezan as insultantes medidas correctoras propostas pola administración.

 

3

É UNHA AGRESIÓN AO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E HISTORICO

DO «CAMIÑO REAL» que transcurre pola cresta do monte e sobre o

que se situarán literalmente os aeroxeneradores. Este camiño

medieval ten as súas orixes na época romana, e nel atópanse neveiros e

restos arqueolóxicos ainda por evaluar, nunha zona da Galiza onde se

están facendo espectaculares achádegos.

 

O parque eólico foi autorizado sen o mais mínimo estudo ou calquer

sensibilidade no referente ao patrimonio arqueolóxico, malia que os

expertos alertan do seu elevado interese.

 

O Camiño Real é ademais unha ruta de sendeirismo que ao caracter

histórico se lle suman unhas impresionantes vistas e o disfrute de espazos

naturais exclusivos, polo que as suas posibilidades de explotación para o

ecoturismo outorganlle un grandísimo valor.

 

4

É UNHA AGRESIÓN AO DESENVOLVIMENTO SOCIOECONÓMICO DOS

CONCELLOS AFECTADOS, onde non aporta ningún posto de traballo

directo nin indirecto, no entanto perxudica seriamente a economía

complementaria da agricultura predominante ligada ao turismo rural e

xacobeo, que é a única que medra positivamente nestes concellos.

 

Resulta contradictorio investir en desenvolvimento rural, en promoción do

Camiño de Santiago, subvencións e programas con fondos comunitarios

como o Leader+, LIFE+, etc, fondos para a conservación da natureza,

cando despois se introduce un parque eólico incompatiblel coa lóxica

destes investimentos e que bota por terra todo o esforzo público e

privado de desenvolvimento en concellos onde o principal problema é a

alarmante perda de povoación e a emigración a vilas próximas debido

as poucas alternativas económicas a unha agricultura en crise.

 

5

É UN INSULTO Á LEXISLACIÓN E PROCEDIMENTOS ADMINISTRATIVOS

sendo unha sucesión de irregularidades desde o inicio da sua

tramitación en 2004 onde se lle concedeu como FAVORÁBEL unha

Declaración de Impacto Ambiental con todo tipo de erros de fondo e

forma. Unha Declaración de Impacto Ambiental é un complexo informe

que require unha serie de informes previos de outras consellarias e

organismos, ausentes neste caso, e cuxa tramitación require case dous

anos. A Declaración de Impacto Ambiental para este parque foi

elaborada NO ESPECTACULAR PRAZO DUN MÉS, co governo Fraga en

funcións despois de perder as elecións e foi asinada polo Director Xeral

de Calidade e Avaliación Ambiental o DIA ANTES DO SEU CESAMENTO, que

deu o visto bo a un expediente chapuceiro e cheo de erros e no que

faltaban importantes informes e estudos previos. Ademais, claro, de

?pechar os ollos? diante do verdadeiro impacto que este parque

produce.

 

6

É UN INSULTO AOS VECIÑOS aos que se lles negan permisos para

actividades demostradamente sostíbeis dentro da Rede Natura

para logo autorizar algo tan agresivo como este parque eólico.

 

Impidese a construcción dun simple galpón polo ?impacto? que ten no

Camiño de Santiago, desde o que a maioria das veces nen se ve, e logo

autorízanse muiños que se ven a 80 Km.

 

Negase o permiso para ampliar as instalacións a un veciño emprendedor

que ten a única fábrica galega de instalacións deportivas, actividade

totalmente sostíbel e compatibel coa conservación da natureza e do

patrimonio, e que pretende empregar a 100 persoas da zona, e o

mesmo tempo autorizase unha actividade incompatibel e que non

emprega a ninguén.

 

7

É UN PRECEDENTE para novas concesións en espazos protexidos,

que realmente é o que busca este parque de dubidosa

rendabilidade, que principalmente pretende abrir as portas a

construcción masiva deles nos espazos protexidos das serras orientais.

 

 

Polos motivos anteriormente expostos, a Asociación Socio-Cultural O iribio

iniciou xa accións para impedir a construcción deste parque eólico.

 

Presentamos xa un recurso de reposición á licenza municipal de obras no

Concello de Triacastela ao detectarmos diversas iregularidades que

consideramos que a anulan.

 

Nos próximos dias formalizaremos tamén un recurso de reposición

perante a Xunta, e imos levar este tema aos tribunais se a administración

non rectifica na sua neglixencia.

 

Paralelamente iniciaremos charlas informativas nos próximos días nos

concellos afectados, onde explicaremos pormenorizadamente os

problemas que este parque ocasionará aos veciños e as alternativas de

futuro que o parque nos impide. Estas charlas estarán abertas a todo o

mundo e tentaremos fomentar un debate constructivo, onde terán voz

todos os asistentes. Trataremos de implicar aos colectivos afectados de

forma mais directa como son as comunidades de montes e o sector

hostaleiro.

 

Nesta semana botará a andar tamén unha campaña de recollida de

sinaturas baixo o lema «O Iribio: outro futuro, que non o leve o vento!»

que lle serán entregadas á administración esixindo a paralisación desta

barbaridade.

 

Procuraremos sensibilizar e movilizar a todas cantas presoas podamos

porque queremos que o futuro sexa algo diferente da depredación,

destrucción e desertificación social do rural.

 

 

Documento do comunicado en PDF



Nota de prensa 29-VI-09

Posted by iribio on 29 Ee junio Ee 2009 a las 10:39 Comments comentarios (0)

TRIACASTELA, a 29 de Xuño do 2009


CONSTITUÍDA UNHA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E DO CAMIÑO DE SANTIAGO DOS CONCELLOS DE TRIACASTELA E SAMOS. 


 

      Un grupo de xente dos concellos de Triacastela e Samos acaba de constituir a Asociación Socio Cultural ?O Iribio? coa finalidade de poñer en valor o valioso patrimonio natural e o, moitas veces esquencido, patrimonio histórico cultural que comparten estes dous concellos do camiño de Santiago.

      Unha das primeiras reflexións da xente que está a promover esta Asociación ?O Iribio? e a de constatar como a política da Administración sobre os espazos protexidos, en lugar de buscar a complicidade e apoio da povoación, ben ao contrario, está unicamente a lograr un crecente rexeitamento cara a calquer proposta de protección do patrimonio natural. Neste sentido, unha dos primeiros obxectivos desta Asociación Serra do Iribio  será a de reivindicar contraprestacións económicas e sociais para os propietarios en Rede Natura e espazos protexidos e a de acabar coa inxustiza e a indignidade que supón que un propietario da zona non poda conseguir unha autorización para a ampliación do seu establo ou tarde máis de un ano en conseguir, por exempro, a autorización para unha poda de leña que veu facendo durante toda a vida, mentras que un parque eólico non teña problema algún en ter unha declaración de impacto ambiental favorable en apenas 30 días: se os propietarios da zona son os primeiros responsabeis de calquer conservación, non é de xustiza que non sexan compensados por esa insustituible función ambiental e social.

      No que se refire ao patrimonio cultural esta Asociación prantéxase o obxectivo de divulgar e poñer en valor o importante patrimonio histórico, cultural e etnográfico destes dous concellos, tanto o que ten relación co camiño de Santiago como todo ese outro patrimonio máis esquencido como poden ser as neveiras que aínda se conservan na Serra do Iribio ou o camiño real que ía de Pedrafita a Monforte polo alto da serra e do que aínda se conservan parte das paredes que conformaban o Portelo ou portádego no que se cobraban os dereitos de uso do camiño (portádego).

      Os promotores da Asociación son conscentes de que a conservación e posta en valor de todo este patrimonio constitúe un difícil reto, pero están convencidos de que, neste camiño, -que quere empezar por reivindicar o nome auténtico da Serra, o nome que aínda hoxe utiliza a xente da zona, IRIBIO en lugar de ORIBIO-, será posible unir a todas as sensibilidades e vontades da xente e das institucións dos concellos de Triacastela e Samos. E con ese obxectivo fan un chamamento a unirse a Asociación envíando un correo electrónico ao seguinte enderezo [email protected]

 



Rss_feed